Publicador de contidos

Publicador de contidos

Equilibrio de forzas entre o Ourense C. F. e o Pontevedra

Equilibrio de forzas entre o Ourense C. F. e o Pontevedra

O cadro ourensán levou o trofeo na quenda de penaltis

Borja Domingo e Brais Abelenda marcaron os goles (1-1)

G24.gal 03/08/2022 22:07

Tamén aproveitaron o mércores o Ourense C. F. (Segunda RFEF) e o Pontevedra (Primeira RFEF) para disputar un amigable no Couto. O resultado final foi de empate (1-1) nun partido de ritmo baixo. A calor e o estado do céspede condicionaron o partido, o típico encontro de pretemporada. 

Brais Abelenda anotou para o Pontevedra xusto antes do descanso e mediado o segundo tempo empatou Borja Domingo para os locais. Había en xogo un trofeo que tiveron que solucionalo na quenda de penaltis. Álex González fallou o primeiro do Pontevedra e o Ourense acabou levando o galardón ao acertaren en todos os lanzamentos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade