Publicador de contidos

Publicador de contidos

Equigal reúne en Lugo máis de 100 cabalos e 80 xinetes ata o 11 de maio

Equigal reúne en Lugo máis de 100 cabalos e 80 xinetes ata o 11 de maio

A décimo oitava edición do salón ofrece concursos de saltos, morfolóxicos e bautismos ecuestres para escolares

O presidente da Federación Hípica Galega destaca o crecemento deste evento

G24.gal 04/05/2025 14:25 Última actualización 04/05/2025 14:49

A décimo oitava edición de Equigal, o Salón Internacional do Cabalo de Galicia, está conseguindo encher cada día as bancadas do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo.

 "Da primeira edición cando había aquí en Lugo un par de xinetes illados e de repente nesta edición, o 40 por cento dos participantes son xa de Lugo, cunha afección enorme na cidade, un montón de clubs, a verdade que dá gusto como prendeu aquí a semente" explica Federico Pérez Lago presidente da Federación Hípica Galega.

Entre os participantes atopamos unha familia de Mallorca que se acaba de instalar en Galicia.

"Aquí aínda tedes comida, forraxe para os animais. O clima é bastante bo, alí vai moita calor, demasiada xente e falta forraxe cando non chove e decidimos dar o cambio e aventurarnos e aquí estamos, e viñemos con toda a familia de 28 cabalos".

Un total de 104 cabalos cos seus xinetes participan, desde o 2 ata o 11 de maio, neste concurso nacional de dúas estrelas, que ofrece concursos morfolóxicos, exhibicións ecuestres e certames especializados.

Nesta primeira fin de semana celébrase o concurso de salto de obstáculos, vivido con moitos nervios polos pequenos xinetes e tamén polos pais que lles contaxiaron o gusto polos cabalos.

"Eu non saltaba, non competía en salto pero sempre tiven cabalos na casa e foi entrándolle o formigo e acabou competindo en salto".

"A volta, esqueceume un pouco", conta esta pequena amazona.

"Son pequenos e ao final están con animais e as reaccións son impredicibles".

Os días de semana, desde o luns 5 ata o venres 9, celébranse os chamados bautismos ecuestres con actividades dirixidas aos escolares. E a próxima fin de semana será o momento de apreciar o aspecto externo destes animais no concurso morfolóxico de cabalo de raza árabe e tamén no do cabalo de pura cepa galega.

"É interesantísimo, a recuperación do noso cabalo galego, púxose en valor, un cabalo que fai a doma moi ben, e a asociación, da man da Xunta, leva anos traballando", afirma o presidente da federación.

As entradas para todas as actividades deste Equigal 2025 son de balde.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade