Publicador de contidos

Publicador de contidos

Entrégase o cirurxián buscado pola morte dunha paciente tras unha lipoescultura

Entrégase o cirurxián buscado pola morte dunha paciente tras unha lipoescultura

G24.gal 05/01/2022 16:25

Entregouse á xustiza o cirurxián que operou a muller falecida un mes despois de someterse a unha lipoescultura nunha clínica privada de Cartaxena.

Sobre o médico pesaba unha orde de detención desde o martes. Esta mañá acudiu ao xulgado número 3 de Cartaxena acompañado do seu avogado e sen facer declaracións aos medios de comunicación congregados.

A familia da finada denunciou o médico por homicidio imprudente. A paciente faleceu o pasado sábado nun hospital público por complicacións derivadas da operación de lipoescultura que lle causaron un fallo multiorgánico.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade