Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ence estuda abrir unha fábrica de papel tisú nas Pontes

Ence estuda abrir unha fábrica de papel tisú nas Pontes

A empresa prevé un investimento de 350 millóns e a creación de máis de mil empregos

G24.gal 27/06/2022 18:20 Última actualización 27/06/2022 18:38

Ence estuda abrir nas Pontes unha fábrica de papel tisú. Así llo comunicou hoxe ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, o Consello da Administración da empresa, que prevé para este proxecto un investimento duns 350 millóns de euros e a creación de máis de mil empregos.

A empresa anuncia que comeza oficialmente os estudos técnicos e financeiros para abrir onde era a central térmica das Pontes unha fábrica de biomateriais innovadora en Europa, din, e complementaria á planta que teñen en Pontevedra.

"Vai ser o noso primeiro proxecto que non vai usar madeira como materia prima, porque cremos que os recursos naturais comezan a estar finitos e que temos que medrar coa recuperación. Imos recuperar papel e cartón e complementalo con fibra virxe de Pontevedra e imos facer unha bioplanta de fibras téxtiles recuperadas que acabaremos en papel tisú. Todos os grandes grupos fabricantes de papel tisú de Europa demostraron un interese tremendo", explica Ignacio Colmenares, conselleiro delegado de Ence.

O Consello de Administración da empresa reuniuse este luns co presidente da Xunta e co vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Francisco Conde, para explicarlles o seu proxecto, en que prevén un investimento de entre 330 e 350 millóns de euros e a creación de máis de mil empregos entre directos e indirectos. O Goberno galego agradece o compromiso de Ence con Galicia, tanto na súa aposta por Pontevedra como por esta nova iniciativa, para a que garanten o seu apoio.

"Amosamos a nosa máxima colaboración para manter a planta de Lourizán e para acompañar a Ence nas súas necesidades para avaliar a viabilidae técnica, ambiental e financeira deste novo proxecto. A Xunta vai entregarse para colaborar con Ence", afirmou Conde.

A empresa calcula que os trámites poden alongarse un ano, polo que a construción da fábrica comezaría entre mediados e finais do 2023.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade