Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ence defende que o seu proxecto das Pontes complemetaría a factoría de Lourizán

Ence defende que o seu proxecto das Pontes complemetaría a factoría de Lourizán

A empresa di que a fábrica que proxecta non sería subtitutiva da de Pontevedra

G24.gal 30/06/2022 16:20

A fábrica que proxecta construír Ence nas Pontes de García Rodríguez é "complementaria" pero non substitutiva á que dispón actualmente en Lourizán, na ría de Pontevedra, indicou este xoves a dirección da empresa.

Antonio Casal, director territorial de Ence en Galicia, subliñou que nas Pontes pretenden construír unha planta de fabricación de papel tisú, pero nesa zona "non se pode instalar unha fábrica de celulosa", polo que se trata dun proxecto "independente" do de Lourizán, de fabricación de pasta de celulosa polo que sería "complementario", precisou.

Casal explicou que o proxecto das Pontes consiste en obter fibra reciclada a partir de cartón usado para a fabricación de papel tisú, algo "absolutamente innovador, independente e diferenciado da biofábrica de Pontevedra".

Segundo dixo, a planta tería "unha capacidade e dimensións moi inferiores ás de Lourizán". O obxectivo é producir 100.000 toneladas de fibra branqueada de alta calidade ao ano a partir dese cartón recuperado, un produto de alta demanda no mercado.

Para iso, un 20 % dos insumos da planta das Pontes sería pasta de celulosa procedente da fábrica de Ence en Lourizán, de aí unha complementariedade, e polo que a empresa insiste na necesidade de que a factoría continúe na ría de Pontevedra.

Ademais a bioplanta das Pontes, de momento unicamente un estudo, "contribuiría á economía circular e estará deseñada para minimizar o uso de recursos naturais" ao prescindir da madeira e diminuír ao mínimo o consumo de auga, segundo Ence.

Utilizaría uns dous millóns de metros cúbicos anuais, o cal supón a sexta parte da auga que utiliza a planta de Ence en Lourizán. 

Ademais, xeraría enerxía a partir de biomasa procedente de subprodutos forestais, de modo que sería "autosuficiente enerxeticamente".

Pola súa banda, Francisco Conde salientou a contribución de Ence como empresa tractora á "transformación do tecido produtivo que esta abordando Galicia".

O proxecto nas Pontes é "complementario a Lourizán", destacou o conselleiro, quen defendeu unha vez máis a continuidade da fábrica de Ence na ría de Pontevedra, a pesar da decisión xudicial para que abandone esa zona.

O proxecto de Ence nas Pontes podería estar operativo a principios de 2027. Calcula a empresa que podería xerar uns 1.200 postos de traballo, dos cales 150 serían directos, ademais doutros 400 para transporte, mantemento, limpeza, loxísticas e outros 600 inducidos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade