Publicador de contidos

Publicador de contidos

O proxecto da fábrica de Ence nas Pontes abre a vía da recuperación industrial da vila

O proxecto da fábrica de Ence nas Pontes abre a vía da recuperación industrial da vila

O Concello e os veciños cren que a planta achegará novas posibilidades laborais

G24.gal 28/06/2022 15:10 Última actualización 28/06/2022 16:09

Vai ser o primeiro proxecto de Ence que non utilice madeira como materia prima. Rescatarán papel e cartón e fabricarán fibras recuperadas que mesturarán con celulosa virxe que chegaría da planta que teñen en Pontevedra. E estudan instalala no lugar da antiga central térmica.

O alcalde das Pontes recoñece que hai moitas expectativas pero tamén pie prudencia ata que Ence concrete cal é o grao de dependencia de axudas públicas.

O anuncio tivo boa acollida nas Pontes. Transportistas, comerciantes e empresarios amósanse espectantes, ilusionados e optimistas porque cren que a planta achegará novas posibilidades laborais.

Ence calcula que os trámites leven un mínimo de 12 meses e sinala que o obxectivo é comezar a fábrica a mediados ou finais de 2023.

A Xunta xa traballa con ENCE para que este proxecto saia adiante garantindo a súa solvencia técnica e financeira.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade