Publicador de contidos
Publicador de contidos

En Ribadavia levan dous días sen cortes de auga pero segue a emerxencia pola seca

En Ribadavia levan dous días sen cortes de auga pero segue a emerxencia pola seca

Aceléranse as obras da nova captación no río Avia

O Concello de Ribadavia considera esta solución provisional e reclamalle á Xunta investimentos para financiar o proxecto de captación desde o Miño

G24.gal 20/08/2022 14:52 Última actualización 20/08/2022 15:11

Por segundo día en Rivadavia teñen subministración de auga as 24 horas do día. Despois dos cortes das últimas semanas é un alivio para os fogares e tamén para os negocios. As captacións de auga con camións cisterna no río Avia e no río Miño melloraron o nivel do depósito da traída, o que permitiu levantar as restricións momentaneamente.

"Levamos dous días abastecendo a poboación de auga potable durante todo o día e toda a noite grazas ao traslado de auga con camións cisterna desde o río Avia ata a ETAP", explica Noelia Rodríguez, alcaldesa de Ribadavia.

Pero a pesar da recuperación da subministración, Ribadavia non abandona o nivel de emerxencia pola seca.

"É un alivio temporal porque non sabemos como vai evolucionar a seca. De momento, ata o luns ou o martes vaise manter a fluidez de auga, despois a ver", explica un veciño

Mentres tanto, o concello intenta acelerar as obras da nova captación desde o río Avia, unha solución que consideran provisional

"É unha solución que o concello de Ribadavia buscou con este proxecto urxente, pero é provisional. Temos enriba da mesa un proxecto definitivo para captar desde o Miño, que ten moito máis caudal, o que daría solución definitiva. É un proxecto que ascende a máis dun millón e medio de euros e a Xunta debe reinvestir o canon da auga", asegura a alcaldesa de Ribadavia.

O río Maquiáns, do que se abastece a traída, vai practicamente seco. O Concello agarda que as obras da nova captación desde o Avia estean rematadas en dúas semanas e que isto axude a mellorar a subministración.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade