Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dous incendios en menos de media hora alertan os veciños de Moaña

Dous incendios en menos de media hora alertan os veciños de Moaña

Un deles foi nunha furgoneta aparcada na Xunqueira, en que había varias bombonas

O outro incendio foi na carpa dos festexos do Concello, no paseo marítimo

G24.gal 19/01/2026 14:14

A Garda Civil e a Policía Local de Moaña están a investigar dous incendios que se produciron esta fin de semana, de madrugada, con apenas media hora de diferenza.

Un deles foi nunha furgoneta que quedou completamente calcinada. Pouco antes das 5 da mañá, na madrugada do sábado, comezou a arder por causas que se descoñecen. O resplandor das lapas e o ruído alertaron os veciños que estaban durmindo.

O vehículo estaba aparcado na Xunqueira, xusto diante das vivendas dos mestres de Reibón. O perigo, había bombonas no seu interior e a só uns metros estaba aparcado un camión de carburantes. 

A furgoneta, din os veciños, levaba máis dun mes aparcada no mesmo sitio. Cren que saíu do taller, que está nesa mesma rúa, e os propietarios decidiron xa non movela, e que mesmo pensaban en despezala. 

Sospeitan que puido ser intencionado. Case ao mesmo tempo, en menos de media hora houbo outro incendio. Foi na carpa que o Concello ten instalada para os festexos no paseo marítimo, á altura da praza de abastos. 

A Policía Local de Moaña investiga o acontecido na carpa e a Garda Civil o incendio na furgoneta. Tentan determinar se foron intencionados e se os dous incendios están relacionados. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade