Publicador de contidos

Publicador de contidos

En Mataró achican a auga e reparan os danos ocasionados pola chuvia

En Mataró achican a auga e reparan os danos ocasionados pola chuvia

Un home que quedou atrapado no interior do seu coche permanece en estado crítico

Dous barcos afundíronse no porto

G24.gal 17/09/2022 21:14 Última actualización 17/09/2022 21:36

Fregonas en man, as familias limpan o ximnasio e a parte baixa deste colexio que quedou anegado tras a tromba de auga que caeu o venres en Mataró. Apuran no traballo para poder abrir o centro o luns. No concello barcelonés hai catro escolas afectadas, Eduardo Marqués, director dunha delas móstrase indignado.

Os desaugadoiros que funcionaban non puideron evacuar esta auga e coouse por todas partes... Hai un factor imprevisible pero evidemente que hai unha falta de mantemento dos equipamentos municipais moi importante.

A localidade vai volvendo á normalidade tras a tormenta que deixou 90 litros de auga por metro cadrado e momentos de angustia. Neste paso subterráneo, da estrada N-II próximo á praia, un home quedaba atrapado no coche. En cuestión de segundos o vehículo desaparece. O condutor, de 63 anos, permanece ingresado en estado crítico.

A borrasca deixou consecuencias tamén no porto de Mataró. Afundíronse dous barcos e outros doce sufriron estragos. Activáronse barreiras de contención por se houbera algunha fuga de combustible.

No tempo que durou a chuvia intensa, os servizos de emerxencias atenderon unhas 240 chamadas do litoral catalán. Baixos asolagados, estradas cortadas e mesmo o servizo ferroviario afectado de forma temporal completan o parte de incidencias.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade