Cargando resultados...
En marcha a nora instalada no porto da Coruña, a máis grande de España
Xemelga da London Eye, estará funcionado ata o 21 de agosto
G24.gal
23/06/2022 20:50
Última actualización 24/06/2022 14:32
Unhas horas antes de comezar a noite meiga na Coruña poñíase en marcha no porto a nora máis grande de España. Con 60 metros de altura e 24 cabinas é xemelga da London Eye da capital británica.
Esta non quedará instalada de xeito permanente. Pero haberá tempo, ata o 21 de agosto, para gozar da atracción cun amplo horario entre as 11 da mañá e as doce da noite. Por seis euros ofrece diversión e unhas vistas espectaculares da cidade e da ría.
En cada viaxe poden subir 240 persoas repartidas en 24 cabinas climatizadas de 10 visitantes cada unha. A nora permite admirar as vistas da cidade, e nas cabinas poden subir mascotas.