Publicador de contidos

Publicador de contidos

En Galicia repáranse pezas dos parques eólicos de todo o mundo

En Galicia repáranse pezas dos parques eólicos de todo o mundo

Arránxanas na empresa de Siemens Gamesa en Oroso, onde estrearon un novo sistema para aumentar a fiabilidade do proceso 

Alfonso Rueda destacou o potencial do noso sector eólico e lamentou o bloqueo xudicial ao que está sometido 

 

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, visita a planta de reparación de compoñentes eólicos de Siemens Gamesa, este martes. EFE/Lavandeira jr
G24.gal 27/01/2026 14:56

Ata a factoría de Siemens-Gamesa de Sigüeiro chegan cada día para reparar pezas dos eólicos dos Estados Unidos, O Brasil ou Australia. Agora incorporan un novo banco de probas que aumentará a fiabilidade dos resultados. 

Kerman Gabiola, director xeral de Siemens Gamesa en España, asegura que vai "permitir validar reparacións cos máis altos estándares, reducir tempos de resposta e ofrecer aos nosos clientes unha fiabilidade aínda maior".

Os empresarios lamentan o bloqueo xudicial do sector eólico en Galicia:

"Galicia perdeu a puxanza que tiña, superáronnos outras comunidades que non teñen esa xudicialización dos procesos de instalacións dos parques", afirma Rubén Carranza, director de After-market de Siemens Gamesa. 

Na mesma liña se pronunciou Alfonso Rueda:

"Non é o normal que todas as peticións de novas instalacións eólicas en Galicia todas se recorran por sistema".

O presidente da Xunta asegura que seguirán apostando por esta enerxía verde.

A repotenciación dos parques reducirá o seu impacto ambiental ao eliminar o 80 % dos muíños en Galicia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade