Publicador de contidos

Publicador de contidos

En dous frenéticos minutos perdeu o partido o Arenteiro

En dous frenéticos minutos perdeu o partido o Arenteiro

G24.gal 06/11/2021 19:16

Na Segunda Federación, a xornada comezou para os galegos cunha derrota, a apañada polo Arenteiro no Espiñedo diante do Palencia Cristo Atlético.

Foi nun partido desafortunado dos do Carballiño, que conseguiron tomar vantaxe no minuto 6 do segundo tempo. Marcou Adri Castro, ratificando o bo partido ata daquela dos de Fran Justo. O Palencia comezou a remontada cun penalti de Víctor Eimil, que despexou coa man un balón que entraba na meta galega. Expulsión e gol, xa que non errou Álvaro. Tan só dous minutos despois chegou o tanto decisivo dos palentinos. Volveu marcar Álvaro.

O Arenteiro volveu perder seis xornadas despois.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar