O Celta leva un punto de Vallecas e sae dos postos de descenso (0-0)
As mellores ocasións do partido foron para Carles Pérez e Paciencia
Despois de seis xornadas volveu a deixar a portería a cero e facendo un bo traballo defensivo
Rematou o partido en Vallecas con empate sen goles. O Celta estivo moi seguro en defensa e xerou dúas opcións claras en ataque. Faltou acerto nos remates de Carles Pérez e Paciencia.
Minuto a minuto
Última xornada antes do parón do Mundial. O Celta comeza o partido en postos de descenso pero consciente de que puntuando sairía da queima. O Raio ven de gañarlle ao Real Madrid pero con 48 horas menos de descanso que os vigueses, algo que pode aproveitar o equipo de Carlos Carvalhal
Xa temos equipo do Celta!!! Moitas novidades. Aspas no banco e Larsen baixa por gastroenterite. Entra Kevin no equipo titular. Carvalhal parece que vai apostar por unha liña de 5, con Gabri e Tapia no centro do campo e fiando o ataque á velocidade de Cervi e Carles

Falcao, suplente contra o Real Madrid, titular para xogar contra o Celta

Estreitan a man os capitáns e veciños Comesaña e Kevin. Comeza o partido en Vallecas!!!

Primeiro tiro do partido de Carles Pérez. Confirmada a liña de 5 en defensa do Celta
Cabezada desviada de Falcao cando se atopaba libre de marca. Estaba en fóra de xogo!!
Ocasión de ouro para Carles Pérez!!!! Vaise en velocidade pero detén Dimitrievski
Isi Palazón proba a Marchesín cun disparo desde moi lonxe
Remate alto de Isi Palazón. O Celta está sufrindo moi pouco en defensa. Controla o Raio pero non acaba de chegar con perigo agás o tiro de Carles Pérez

Aidoo protexe mal, sae Marchesín e leva un tremendo golpe dun xogador do Raio. Cartón amarelo a Álvaro García
Santi Comesaña recibe na área, intenta o disparo pero rexeita providencial Aidoo
Descanso en Vallecas. Cun Celta moi serio no traballo defensivo sen conceder ocasións. A mellor do primeiro tempo tívoa Carles Pérez
Segunda parte en xogo. Non houbo trocos! 12.400 seareiros no campo de Vallecas
Cartón para Paciencia. Quinto cartón do partido, primeiro para o Celta
Paciencia tivo o gol!!! Boa xogada de Galán e o portugués remata alto .... E vai saír Aspas ao partido
Cervi pon a proba a Dimitrievski. Os mellores minutos do Celta. Entra Aspas e marcha Paciencia

Avisa Aspas. Remate cruzado pero frouxo. Entra Pablo Durán por Kevin. Troco de ataque
Providencial Marchesín!!!!!!! Primeiro rexeita un remate de Salvi e logo paradón diante dun remate de Camello. O Raio vai polo partido
Troco. Vanse Gabri e Tapia (mancado) e entran Beltrán e Óscar
Unai Núñez cabecea moi alto unha falta de Óscar. Imos entrar no engadido