Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un Racing sen pegada non pasa do empate contra o Mirandés

Un Racing sen pegada non pasa do empate contra o Mirandés

Empate sen goles entre dous equipos que apenas xeraron no primeiro tempo e no segundo non estiveron atinados cara á porta rival

G24.gal 08/09/2024 13:20 Última actualización 08/09/2024 15:51

Minuto a minuto

O Rácing sae con todo no partido contra o Mirandés. Entra Bebé no equipo titular acompañando a Dorrío e Jáuregi en ataque

O rival é o Mirandés, que comezou a temporada cunha vitoria e dous empates

1'

Comeza o partido na Malata. Rácing 0-0 Mirandés

14'

Primeira aproximación do Mirandés que remata no fondo da portería, pero a xogada estaba xa anulada por unha falta previa de Lachuer

22'

Centro perigoso do Mirandés desde a banda esquerda, despexa Naldo coa cabeza

23'

Primeira aproximación do Rácing, centra raso Bebé e atrapa Raúl

25'

Centro desde a dereita do Mirandés, remata Panicheli desviado

27'

Rouba Joel Roca pegado ao fondo, e o seu chut sácao a córner Jesús Ruiz

38'

Centra Brais desde a esquerda e remata Dorrio, pero o balón marcha desviado

40'

Xogada persoal de Juan, o seu centro sae rexeitado e envelénase, pero reacciona axiña Jesús Ruiz para blocar

45'

Disparo moi lonxano de Brais que marcha desviado

45'

Descanso sen goles na Malata

46

Comeza a segunda parte!!!

49

Centra Bebé desde a esquerda e a defensa anticípase ao remate de Perea ... Na contra o remate é do visitante Panichelli, ás mans de Jesús Ruíz

51

Perigo do Mirandés. Panichelli non remata un centro con moita intención. Logo Joel Roca déixase caer na área dun xeito descarado

55

Bebé tenta aproveitar o seu disparo pero váiselle moi alto

64

Entra Álvaro Giménez. O Rácing -leva 250 minutos sen marcar- precisa gol e só quedan 25 minutos para o final

67

Centra Delmás e o remate acrobático de Chiki marcha alto

70

Tiro de Izeta moi centrado que acaba nas mans de Jesús Ruíz ... E o posterior de Dorrio marcha alto. O ritmo da segunda parte é moito máis alto que o da primeira

72

Agora é Delmás o que centra e Brais o que remata alto ... O punto de mira dos equipos está desviado

76

Cabezada moi forzada de Álvaro Giménez que acaba nas mans de Raúl. O primeiro remate do Rácing entre os tres paus

78

Bebé, moi activo pola esquerda, proba sorte con outro disparo que non atopa porta

84

Marcha Bebé entre aplausos. Entra Manu Vallejo. 

92

Falta sobre Álvaro Giménez moi preto da área. O centro de Señé, sen consecuencias

95

Final do partido na Malata. Houbo cinco de engadido. O Rácing segue pagando a súa falta de gol -non marca desde a primeira xornada- e o Mirandés conformouse co empate

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade