O Pontevedra de Señor mellora, pero non lle abonda (2-1)
O Pontevedra de Señor mellora, pero non lle abonda (2-1)
Xogou con 10 durante case unha hora e deu a cara
Abelenda marcou pero o dobrete de Diego Campos decidiu
O Pontevedra mellorou a súa imaxe pero o resultado foi o mesmo. Derrota no campo do Fuenlabrada (2-1) que segue complicando a situación clasificatoria. Xogou durante case unha hora con dez pola expulsión de Luis Martínez na xogada do primeiro gol.
Malia iso o equipo foise arriba, conseguiu empatar pero non puido manter o resultado.
Minuto a minuto
Juan Señor aposta pola vella garda. Rubio, Abelenda ou Charles no equipo titular.

Coiro en xogo en Fuenlabrada!!!

Avisa o Fuenlabrada. Lanzamento de Diego Campos moi preto da escuadra.
Charles obriga o porteiro madrileño a facer unha gran parada
Remate de Fer Ruíz ás mans de Cacharrón
Rubio, cruzado, rozando o poste!!!
Boa parada de Cacharrón a remate de Santi Jara
1-0 Penalti de Luis Martínez e expulsión. Marca Diego Campos. Ponse o partido moi complicado para o Pontevedra.
Descanso coa derrota pontevedresa... e con 10 xogadores os de Señor
Segundo tempo en xogo no Fernando Torres
Cabezada de Charles na área pequena ás mans do porteiro
1-1 GOOOOL de Brais Abelenda. Gran remate de cabeza do de Bembibre
Gol anulado ao Fuenlabrada por fóra de xogo
Con 10 pero Señor mete a Rufo por Rubio... E o Pontevedra ten unha grande ocasión
2-1 Repite Diego Campos para o Fuenlabrada