O Celta non levanta cabeza e sofre unha nova derrota ante o Xirona (0-1)
O gol de Portu supón unha nova derrota ligueira do conxunto vigués
Os de Benítez poderían caer de novo ao descenso se gañan os seus perseguidores
Minuto a minuto
Día grande en Balaídos. Ás 14:00 horas o Celta xoga diante do poderoso Xirona no partido correspondente á xornada 22. Logo haberá moito ambiente nos exteriores do feudo vigués para que os seareiros se manteñan para o partido do Celta Fortuna diante do Deportivo (21:00 horas).
O Celta comeza a xornada con dous puntos de marxe sobre o Cádiz, o equipo que marca o descenso. O Xirona precisa un triunfo para recuperar a primeira posición da Liga logo da vitoria do Real Madrid.
🚨 O 🆇🅸 de Balaídos
— En Xogo tvG2 (@EnXogo_tvG2) January 28, 2024
𝗔𝗦𝗣𝗔𝗦 - 𝗟𝗔𝗥𝗦𝗘𝗡 - 𝗗𝗢𝗨𝗩𝗜𝗞𝗔𝗦@RCCelta 🆚 @GironaFC
⌚ 14:00
Podedes seguilo 👇
Minuto a minuto en G24 📲 https://t.co/zJ5zID6q77
A narración en 📻 https://t.co/ms4dnIDSLK pic.twitter.com/qvsY6wX0D5
Por primeira vez na temporada Benítez sae con Aspas - Larsen - Douvikas. Algo que en conferencia de prensa repetiu en sucesivas ocasións que rachaba o equilibrio do equipo. Hoxe arrisca diante do Xirona.
Cooomeza o partido!!!
Domina o Xirona. Savinho rematou alto á saída dun córner.

Yangel Herrera proba desde lonxe e o coiro vai ao exterior da rede
Paradónnnnn de Guaita a remate de Dobvyk!!!! Dobre ocasión do ucraíno, que atopa a resposta maxistral do porteiro
Mingueza!!!! Grande aparición do lateral desde a dereita e Gazzaniga emprégase a fondo para sacar
0-1 Portu adianta o Xirona!! Xogada pola esquerda con pase de Miguel Gutiérrez que culmina Portu

Pase cruzado de Dovbyk que está a piques de rematar Portu
Como xoga o Xirona!!!! Couto, Dovbyk a Tsygankov e o seu remate sae rozando o pau.
Larsen, á traveeeee!!!! A cabezada do noruegués tocouno Gazzaniga e o balón petou no longueiro. A mellor do Celta!!!
Starfelt cabecea alto á saída dun córner
Douvikaaas!!!! Recolle un erro da defensa do Xirona, encara a Gazzaniga, pero fai un disparo inocente cando estaba só diante del

Tempo de lecer en Balaídos. Vale o gol de Portu. Os dous equipos tiveron múltiples oportunidades. As mellores para o Celta, o remate ao traveseiro de Larsen e o man a man de Douvikas.
Sen trocos comeza a segunda parte. Con 20.684 seareiros en Balaídos vendo o partido.
Luca de la Torre proba fortuna desde a frontal da área. Era unha moi boa posición, pero o remate foi moi centrado e frouxo.
Yan Couto proba desde a frontal pero vaise moi alto. Menos ocasións neste segundo tempo.

Agora é Unai o que remata desviado desde unha posición afastada.
Primeiros trocos. Vanse Manu Sánchez e Luca. Entran Ristic e Jailson.
Cambia a defensa de cinco Benítez, saca a Starfelt e mete a Miguel.
O colexiado engade tres minutos máis
Ristic tentou o empate cun disparo cruzado que detivo o gardameta visitante
Rematou o partido en Balaídos. Continúa a mala serie de resultados do conxunto vigués, que segue no posto 16 da táboa á espera de que se xogue o resto da xornada.