Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha cabezada de Aidoo deixa a permanencia case resolta para o Celta

Unha cabezada de Aidoo deixa a permanencia case resolta para o Celta

O central apareceu na área do Elxe no último minuto para marcar o único gol do partido

G24.gal 26/04/2023 20:18 Última actualización 27/04/2023 08:36

Minuto a minuto

O Celta afronta un partido crucial para poñerse con 39 puntos e deixar a permanencia a un só paso. Recibe o Elxe, pechacancelas destacado e equipo que vai descender nas vindeiras xornadas. 

Un triunfo permitiría acabar coa mala serie que leva o cadro vigués despois da parada polos compromisos das seleccións. Desde entón só foi quen de sumar dous puntos de doce posibles. 

Xa temos XI do Celta. Catro trocos con relación ao partido do Real Madrid. Xogan Mallo, Aidoo, Carles e Paciencia. Tapia mantén o sitio no centro da defensa.

Asubía Díaz de Mera e comeza o partido!!!!

1

Empeza forte o Celta. Paciencia recibe na área e obriga a intervir a Badía

4

Tocoulle ao Elxe achegarse. Centro desde a esquerda e remate de Josan ao exterior da rede

5

Clarísima de Hugo Mallo á saída dun córner!!!! Rematou só pero salvou Badía

8

Falta que saca Tapia e rexeita Badía a córner. Ofensiva total por parte do Celta

15

Agora é o Elxe o que se acerca. Clerc remata desde a frontal e sae rozando o pau

20

Que dor de cabeza o balón parado!! Remata Nteka e saca Galán baixo paus

24

Centro sobre a área e falla Nteka no momento do remate. Está chegando con máis perigo o Elxe

35

Mallo atopa a Aspas na área, revólvese e dispara pero saca Badía. Había tempo que non se achegaba o Celta

43

Centra Tapia con moito perigo pero non atopa rematador

Descanso en Balaídos. O Celta comezou ben, xerando moitas ocasións, pero o seu rendemento foi baixando conforme pasaban os minutos

Empeza a segunda parte. Sen trocos nos dous equipos

55

Caída na área de Carles Pérez diante de Clerc. O árbitro está revisando a xogada no VAR .... e considera que non é penalti!!!

62

Xogadón de Carles Pérez e Badía salva o seu remate .... Entra Larsen no lugar de Paciencia

65

Larsen ao longueiro despois dun centro de Galán!!!! O asistente ergue a bandeira

75

Falta directa que saca Gumbau e rexeita Iván Villar

76

Marchan Luca, Gabri e Carles. Entran Óscar, Miguel e Cervi

81

Que ocasión acaba de ter Boyé!!! O seu remate foise por riba do traveseiro

83

Aspas, ás mans de Badía

84

Bombeirolo de Miguel Rodríguez e paradón de Badía!!!

90

1-0 GOOOOL de Aidoo!!!! Centra Cervi e aparece na área o central para marcar un gol que pode valer unha permanencia

Finaaaal do partido!!! A cabezada de Aidoo no último minuto deixa a permanencia case resolta. Non foi un bo partido do Celta pero acabou levando os tres puntos

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade