O Celta B presenta a súa candidatura en Córdoba (0-2)
Iker Losada e Lautaro marcaron os goles que achegan o filial celeste aos postos de privilexio
Minuto a minuto
Xa temos equipo do Celta B!

E aquí deixamos o do Córdoba!

Principiou o partido en Córdoba!
GOOOOL de Iker Losada. Como está o capitán, que marca cun disparo cruzado!
Chegada de Javi Rodríguez pola dereita que obriga a Marín a facer unha gran parada
0-2 .... Que golazo de Lautaro!!!! Outra gran xogada do Celta B que culmina o seu dianteiro centro.
Gol anulado a Iker Losada por fóra de xogo. Parecía estar en posición legal.

Xogada de estratexia do Celta B á saída dun saque de esquina, pero o porteiro Marín chapa o lanzamento final.
Descanso en Córdoba. 0-2 gaña un Celta B moi superior
Segunda parte en xogo co Córdoba buscando intentando provocar accións na área caendo unha e outra vez para ver si confunden o colexiado.
Lea diante do banco do Celta B despois dun empurrón de Diarra. O Córdoba segue apelando ao "outro fútbol".
Domina o Córdoba, pero o Celta B acaba de facer o primeiro achegamento nunha contra. Manteñen os de Claudio con solvencia o 0-2.
Tímido achegamento do Córdoba nunha acción a balón parado pero o remate marcha desviado.