A reacción do Celta chegou demasiado tarde (2-1)
Os de Giráldez dominaron o primeiro tempo e tiveron o gol en dous remates de Larsen
Mellorou o Betis no segundo tempo e atopou o gol con Miranda e Fekir
O Celta entregouse nos últimos dez minutos, recortou diferenzas e puido empatar
Minuto a minuto
Despois do parón copeiro volve a Liga co partido do Celta no campo do Real Betis. O cadro vigués agarda dar outro chimpo cara adiante á procura da permanencia e fozar na ferida dun Betis que chega despois de catro derrotas seguidas e perdendo o paso europeo. Claudio Giráldez volve á cidade na que se estreou como técnico de Primeira, daquela cun extraordinario resultado diante do Sevilla.
Xa temos XI do Celta!!! Dúas novidades, a entrada de Jailson e Manquillo no lugar de Starfelt e Manu Sánchez. O resto, os que xogaron contra o Raio Vallecano

O equipo do Betis será o formado por: Rui Silva, Bellerín, Pezzela, Chadi Riad, Miranda, Johnny, Guido, Isco, Fornals, Ayoze e William José
Equipos no terreo de xogo. Minuto de silencio por Manuel Ruíz de Lopera, ex presidente do Betis. Aplaude todo o Benito Villamarín

Comeza o partido!!!
Isco pisou de xeito involuntario a Fran Beltrán pero o xogador do Celta quedou mancado. Veremos si pode seguir no partido
Ritmo lento de partido e sen ocasións. Ao Celta non lle queima o balón nos pés e intenta levar o peso do encontro
Remate cruzado de Strand Larsen e Rui Silva evita o primeiro gol cunha boa parada. Aviso do Celta!!!
Boa xogada de Bamba pola esquerda e o seu centro sácao a defensa a córner. O perigo estao a xerar o Celta

Strand Larsen!!!!! Aspas ponlla a Mingueza e o centro deste remátao o noruegués lixeiramente alto. Outro aviso
Primeiro achegamento do Betis cunha cacholada perigosa de Pezzela á saída dun córner
Entra Hugo Álvarez na área do Betis pero non pode rematar. Na contra, Isco tamén pisa a zona de perigo tamén sen poder disparar a porta

Córner que remata Hugo Álvarez e desvía Miranda cando levaba a dirección da portería
Tiro de Bamba, frouxo e ás mans de Rui Silva
Descanso no Villamarín. Non houbo moitas ocasións pero deu moita máis sensación de perigo o Celta, sobre todo con dous remates de Strand Larsen.

O Betis non funciona e mete no partido a Bakambú e Fekir aproveitando o descanso
Bolea desde a frontal de Fornals que acaba nas mans de Guaita. Primeira parada do porteiro do Celta
Que barullo na área do Celta. Durante trinta segundos ninguén do Betis remate e ninguén do cadro celeste é quen de despexar.
1-0 Chega Bellerín pola dereita e o seu centro remátao o outro lateral, Miranda, á rede
Centra Hugo Álvarez e remata frouxo Aspas. Primeiro achegamento do Celta no segundo tempo
Tenta reactivar Claudio o equipo coa entrada de Carles Pérez por Manquillo

Damián e Tadeo Allende ao campo. Por Bamba e Hugo Sotelo
Remata Ruibal moi alto. O Celta ten o dominio do coiro pero non xera oportunidades de perigo
Gran xogada de Fekir e o seu centro non atopa rematador. Está máis preto o segundo do Betis
2-0 Gol de Fekir. Revisado polo VAR pola posición do francés, pero sobe ao marcador o tanto de Fekir despois dunha gran xogada individual
Tivo o gol Allende!!! Gran pase de Aspas e o arxentino falla no remate cando estaba totalmente só.
Espertou o Celta co segundo gol recibido. Agora foi Larsen o que rematou rozando o pau
2-1 GOOOOOL DO CELTA. Remata Allende e toca o xusto Strand Larsen para marcar o gol. Quedan cinco minutos para o final
Carles Perez!!!!! Tivo o empate o xogador do Celta cun remate raso á saída dun córner pero foise a rentes do pau

Final do partido. A reacción do Celta chegou demasiado tarde. Só espertou o equipo de Giráldez co segundo gol de Fekir, pero nos últimos dez minutos recurtou diferenzas e gozou de ocasións para empatar