A efectividade do Barcelona dilúe o bo partido do Celta
Aubameyang (2) e Memphis marcan nos tres primeiros remates á portería do equipo local
Aspas recortou diferenzas, pero a expulsión de Murillo impediu soñar coa remonta
Minuto a minuto
Xa temos os 11 elixidos polo Chacho
𝐎𝐒 𝐍𝐎𝐒𝐎𝐒 en Barcelona 🙌🔥#BarçaCelta @bitcicomglobal pic.twitter.com/rDyOXI0p3s
— RC Celta (@RCCelta) May 10, 2022
O equipo do Barcelona!!
Barça XI#BarçaCelta
— FC Barcelona (@FCBarcelona) May 10, 2022
💪🟦🟥 pic.twitter.com/7k5KPwxMRd
Vaise achegando a hora do partido. Coa permanencia no peto o Celta agarda facer un gran partido nun gran escenario. O Barcelona sorprende coa aliñación de catro xogadores moi ofensivos (Ferrán, Dembelé, Memphis e Aubameyang)
Clarísima para Iago Aspas!!!! Erro grave na defensa do Barcelona e o de Moaña perdoa no man a man con Ter Stegen
1-0 ... Xogada de Dembelé pola dereita que lle deixa o gol de bandexa a Memphis. O Barcelona acerta na primeira que ten
Resposta o Celta cunha xogada de Cervi que non acerta a rematar Aspas
Galhardo axusta o seu remate ao pau e salva Ter Stegen ... E no córner volve tela o propio dianteiro brasileiro. Moito mellor o Celta que o Barça

2-0 ... Indecisión na defensa do Celta que aproveita Aubameyang. Dous tiros e dous goles, máxima eficacia culé
Descanso. O Barcelona só precisa dous tiros para marcar dous goles. O Celta tivo tres e non atinou
3-0 ... Repite Aubameyang. Outra vez a febleza defensiva do Celta
3-1 ... GOOOOOL de Aspas. O de Moaña marca o 18º da súa conta para que o Celta non perda a esperanza de sacar algo positivo
Expulsado Murillo por cartón vermello directo logo dunha falta sobre Memphis. O colombiano entrou no descanso

O partido leva parado 5 minutos. O central do Barcelona Araújo levou un golpe na cabeza e está agardando para que o saquen na ambulancia

Outra moi clara do Celta pero nin Aspas, nin Brais nin Beltrán aproveitan o agasallo da defensa local para marcar
Gol anulado a Riqui Puig por un fóra de xogo anterior de Éric García
Cabezada desviada de Luuk De Jong que acaba de entrar no partido
Cabezada de Aspas que saca Lenglet. Haberá 11 minutos de engadido