O Celta recupera a súa mellor versión na Catedral
Gañou por 0–2 con goles de Iago Aspas e Fran Beltrán
Volveu sacar un triunfo como visitante despois de catro meses
Minuto a minuto
O equipo do Celta
𝑶𝑺 𝑵𝑶𝑺𝑶𝑺 🔥🥁🙏 #AthleticCelta pic.twitter.com/cZ7SdIsMuE
— RC Celta (@RCCelta) April 17, 2022
Aquí tedes o 11 do Athlétic
ALINEACIÓN I Los 1️⃣1️⃣ leones que buscarán de inicio en San Mamés la victoria ante el @RCCelta 👇#AthleticCelta #AthleticClub 🦁 pic.twitter.com/XdHHIHzvlb
— Athletic Club (@AthleticClub) April 17, 2022
Comeza o partido en Bilbao!!
Primeiro lanzamento a porta. Proba Williams
A resposta do Celta. Centra Galán e remata arriba Cervi!!!
0-1 Gooooool de Iago Aspas!!! Adiántase o Celta en San Mamés
Dobre ocasión do Athlétic. Primeiro Berenguer e logo Sancet buscan o empate
Brais Méndez remata rozando o pau!!!! Ocasión para o 0-2
0-2 Golaaaaazo de Fran Beltrán. Lanzamento de 30 metros que sorprende a Unai Simón. Espectacular!!!!
Final da primeira parte. O Celta domina no xogo e no marcador (0-2)
Triplo troco no Athlétic que tenta revoluciónar o equipo con Zárraga, Nico Williams e Villalibre
Quince minutos de dominio do Athlétic pero o Celta aguanta moi ben sen conceder ocasións
Aidoo elévase de xeito imperial na área e o seu remate chápao Unai Simón
Nico Williams remata pero Dituro atrapa sen problemas
Centra Nolito e están a piques de rematar Aidoo e Aspas. Está máis preto o terceiro do Celta
O achegamento máis perigoso do Athlétic protagonizouno Raúl García ... pero o Celta continúa mantendo o rival a raia
Final do partido. O Celta recuperou a súa mellor versión, maniatou o Athlétic por completo e tirou proveito de dúas ocasións no primeiro tempo. O obxectivo da salvación está na man co primeiro triunfo como visitante en máis de catro meses.