O Celta esperta coa entrada de Cervi e Larsen (1-6)
Comezou perdendo, pero a entrada no partido dos dous xogadores á media hora mudaron a dinámica
Os goles marcáronos Cervi, Larsen, Carles, Óscar, Galán e Kevin
O Celta resolveu a eliminatoria ante o Algar cun resultado contundente (1-6), pero Carvalhal tivo que tirar man de Cervi e Strand Larsen á media hora, cando o resultado era de 1-0. Swedberg e Durán foron os sacrificados e coa aparición no partido do arxentino o Celta mellorou moito as súas prestacións.
Cervi empatou antes do descanso e na segunda parte foi un paseo celeste. En oito minutos marcaron tres goles (Larsen, Óscar e Carles Pérez). Os dous últimos serviron para que Javi Galán e Kevin se estreasen como xogadores do primeiro equipo do Celta.
Minuto a minuto
Xa temos o XI do Celta. Carvalhal mete a dous xogadores do filial pero saca un equipo moi competitivo. Villar; Mingueza, Carlos, Unai, Galán; Carles Pérez, Beltrán, Óscar, Williot; Durán e Paciencia

O adestrador portugués dálle importancia á Copa, chega con ver a aliñación diante do modesto Algar. A última gran actuación viguesa foi na temporada 16-17 na que chegou a semifinais
Comeza o partido en Lorca!!!!!
Durán encara e centra pero Paciencia non precisa o remate
Gol do Algar. Saque de córner, erra Iván Villar e marca Cristian Muñoz. Sorprende o equipo da Preferente

Centra Carles Pérez e remata mal Paciencia. Ridículo do Celta na primeira media hora
Clarísima de Pablo Durán. Centro de Beltrán e fallou o de Tomiño
GOOOOL do Celta. Empata Cervi!!!!! Non levaba nin un minuto no campo logo de substituír a Swedberg. Tamén marchou Durán e entrou Strand Larsen
.@cervi_franco era el amigo invisible de Carles Pérez...🎁 #LaCopaMola pic.twitter.com/f8n1411Ksm
— Fútbol en Movistar Plus+ (@MovistarFutbol) November 13, 2022
Clarísima de Mingueza. Salvou Conesa e mandou a córner. En canto imprime ritmo o Celta o Agar non ten nada que facer
Penalti clarísimo por agarrón a Larsen que o árbitro obvia. O agarrón é manifesto
Outro penalti que reclama o Celta. Cristan Muñoz fai unha parada desde o chan pero Arcediano di que tiña a man apoiada. Surrealista
Dobre oportunidade para Strand Larsen. O xigantón estivo preto de facer o segundo
Centra Galán e remata fóra Larsen cando estaba totalmente só
Gooool de Carles Pérez. Leva o coiro, marcha cun caneo e anota o segundo!!!!!
Gol anulado ao Algar por un fóra de xogo moi xustiño!
Golazo de Óscar Rodríguez. Controla e manda á escadra. Espectacular!!!!

Que minutos do Celta. Galán fai a xogada pola esquerda e remata á rede Strand Larsen
Trocos no Celta. Ao campo Gabri Veiga e Miguel Rodríguez
Penalti (o menos claro dos tres que houbo) a prol do Celta. Deixan que Javi Galán marque o seu primeiro gol coa camisola celeste!!!
Gol anulado a Miguel Rodríguez
GOOOOL de Kevin. Hai case seis anos que non marcaba nun partido oficial, o primeiro que anota co primeiro equipo