En directo Elxe 2-1 Celta
O Celta busca a primeira vitoria da temporada en Elxe

Minuto a minuto
Ás 16:15h comeza o partido do Martínez Valero: Elxe - Celta. Xa temos o XI titular de Claudio Giráldez para o partido
𝑷𝒐𝒍𝒐 𝑹𝒆𝒂𝒍 𝑪𝒍𝒖𝒃 𝑪𝒆𝒍𝒕𝒂... 𝒙𝒐𝒈𝒂𝒓𝒂́𝒏... 🩵#ElcheCelta ⋄ #LALIGAEASPORTS pic.twitter.com/AOHscNwP4q
— Celta (@RCCelta) September 28, 2025
E este é o XI titular do Elxe, que aínda non perdeu
𝐍𝐮𝐞𝐬𝐭𝐫𝐨 𝐗𝐈 🤍💚#ElcheCelta pic.twitter.com/xXP5IkuUka
— Elche Club de Fútbol (@elchecf) September 28, 2025
Comezou o partido!! Elxe 0-0 Celta
Primeira ocasión clarísima do Celta!!!Mingueza deixa so a Miguel Román cun gran pase entre liñas, pero o canteirán remata ás nubes diante de Dituro
Agora é Valera o que se mete na área ás costas da defensa do Celta, e Carlos Domínguez ten que cruzarse de xeito providencial para evitar o tanto local
Rafa Mir remata á reviravolta, e rexeita ben abaixo Radu
Nova internada do Elxe pola banda dereita, e novo remate de Rafa Mir, que se estrela no lateral da rede
Conecta a cabezada Carlos Domínguez á saída dun córner, pero o remate marcha alto
GOL do Elxe. Marca André Silva empuxando un servizo de Josan desde a dereita. Elxe 1-0 Celta
GOOOOOOOOOOOL do Celta!!!!! Empata Borja Iglesias asistido por Ilaix. É o quinto partido consecutivo en que marca o santiagués. Elxe 1-1 Celta
Recupera Bryan en zona perigosa, combina con Borja que estaba en posición dubidosa, e remata ás mans de Dituro
Centro lateral do Elxe, remata de cabeza desde a frontal da área pequena André Silva, e despexa Radu
Ocasión para Bryan Zaragoza, que remata ao lateral da rede
Descanso no Martínez Valero. O Celta repite polo momento o seu resultado preferido. Elxe 1-1 Celta, con gol de Borja Iglesias
Comeza a segunda metade. E faino cunha internada de Javi Rueda, que acaba de entrar no campo, e remata desviado. A xogada foi anulada por fóra de xogo
Penalti a prol do Elxe. O VAR avisa a Cuadra Fernández, que apreza penalti nun toque de Carlos Domínguez, de costas ao balón
PAROU RADU!!!!!O porteiro adiviña a intención de Rafa Mir e despexa o lanzamento desde os once metros
Radu salva ao Celta cunha dobre parada a boca de xerro. Primeiro rexeitou o remate de Álvaro Rodríguez e, despois, o de Pedrosa por abaixo.
GOL do Elxe. John aparece para aproveitar un rexeitamento despois dunha nova acción por banda do Elxe. Elxe 2-1 Celta
Outra ocasión do Elxe. Álvaro Rodríguez gáñalle a partida aos centrais e remata. Rexeita Radu
Outra ocasión do Elxe, cun balón aéreo que remata Affengruber lambendo o poste. Había fóra de xogo