Publicador de contidos
Publicador de contidos

Oposición do sector á proposta do Goberno para limitar a pesca do abadexo

Oposición do sector á proposta do Goberno para limitar a pesca do abadexo

O Ministerio fixa nun borrador un tope de 10 quilos por semana e barco

A Confraría de Malpica presentou alegacións á proposta do Goberno central

Barco entrando no porto de Malpica
G24.gal 24/05/2022 14:43

"Ao acabar este mes non nos van deixar traer máis, segundo vai saír unha lei que non imos poder traer máis de 10 quilos cada semana. Vai significar que imos morrer coa fame", lamenta Jorge Luis Lema, patrón do Monte Blanco I


Polo de agora é tan só un borrador da Secretaría xeral de Pesca, pero os mariñeiros están preocupados e non é para menos.

 "Un día normal podes traer 15 quilos ou 20", di o mariñeiro

Agora a estes barcos de artes menores só lles van permitir 10 quilos de abadexo, pero á semana. E iso que é unha especie á que sempre lle sobra cota. A medida sería para aplicar dende xa.

 "Daquela artes menores só podería coller 10 quilos á semana, palangre de fondo 15 e volanta creo que son 30, á semana, ou sexa serían dúas caixas de abadexo á semana", informa Pedro Pérez, patrón maior da confraría de Malpica

Os armadores non dan crédito co que está pasando.

 "Que se fixo con esa cota é o que se pregunta a xente, que fixo Madrid con esa cota se o ano pasado de 149 toneladas sobraron e este ano subindo 17 toneladas máis, xa a primeiros de ano xa nos poñen unha cota irrisoria nunha especie que non tiña cota, é libre para todas as artes para palangre, volanta e artes menores, é que acaban de deixar tirada a toda a frota", comenta o patrón

O patrón de Malpica ten a súa propia teoría.

"Creo que se queren desfacer dos portos pequenos e da frota pequena"

Lamentan que isto suceda xusto agora que empezaban a saír adiante con boas capturas e cos bos prezos que estaban acadando nos mercados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar