Publicador de contidos

Publicador de contidos

A borrasca Ana en 2017 tamén puxo Galicia en máxima alerta por chuvia

A borrasca Ana en 2017 tamén puxo Galicia en máxima alerta por chuvia

Joseph obriga a decretar o aviso vermello por chuvia, algo que non acontecía desde hai nove anos, cando se produciron máis de 500 incidencias

 

G24.gal 26/01/2026 13:39

Igual que agora a borrasca Joseph xa en decembro de 2017 outra de nome Ana puxo en máxima alerta a toda Galicia. Aquel dez de decembro preparabámonos para o Nadal. Houbo precipitacións que superaron os 170 litros nalgúns puntos e refachos de vento de 150 km/hora.

Ese día voou o teito dunha casa en Marín, a cuberta do pavillón de Sada ou a da nave de Pescanova en Arteixo que bateu contra os edificios próximos. Varios puntos de Galicia quedaron sen luz e o rio Verdugo desbordou en Ponte Caldelas. A neve tamén chegou á montaña de Lugo

Daquela a borrasca Ana tamén se cebara coa provincia de Pontevedra. Houbo 512 incidencias. Case a metade das que houbo no resto do país.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade