Empregados de H&M paran en toda España no primeiro día de rebaixas do verán
Os sindicatos din que a folga está tendo un seguimento de máis do 80%
Os traballadores piden máis persoal, contratos de máis horas e mellores soldos

4.000 empregados de H&M en España estaban chamados este xoves a unha folga de 24 horas.
Segundo os sindicatos, o seguimento do paro foi de máis do 80%.
Boa parte das tendas da tiveron que pechar neste primeiro día de rebaixas de verán.
E, se non avanzan as negociacións, o vindeiro luns terán unha nova xornada de paro.
Fontes dos sindicatos CC OO e UXT din que a empresa non volveu reunirse con eles nin fixo ningunha proposta concreta.
Os traballadores piden que se reforce o cadro de persoal. Acusan a empresa de non cubrir baixas, nin excedencias e de non compensar economicamente a sobrecarga de traballo á que están sometidos.
Tamén piden que se amplíen as horas dos contratos. A maioría dos empregados traballan a tempo parcial e con salarios dependentes dos convenios provinciais, que apenas chegan ao salario mínimo.
Por iso demandan ademais incentivos por vendas e pluses de responsabilidade.