Publicador de contidos

Publicador de contidos

Empeza O Son do Camiño cunha estimación de 42.000 asistentes diarios

Empeza O Son do Camiño cunha estimación de 42.000 asistentes diarios

Bryan Adams, Duki e Franz Ferdinand, cabezas de cartel desta primeira xornada

Arredor de 42.000 persoas asistirán cada día de festival
 

47 grupos e artistas serán os encargados de animar os tres escenarios
G24.gal 12/06/2025 16:09

Eran as 10 da mañá e xa soaban os primeiros acordes musicais. O rapeiro arxentino Duki subía ao escenario para facer os seus primeiros ensaios. Así soaba sen a calor do público. Así soará esta noite cando estea moito máis arroupado. Con el comparte cabeza de cartel a banda escocesa Franz Ferdinand e un incombustible Bryams Adams, que leva ás súas costas 50 anos de carreira

"O meu favorito, por exemplo, Bryam Adams".

"Eu veño ver as vellas glorias, como é Bryan Adams, como pode ser Estopa, como pode ser Amaral, o resto...".

O resto é para os que teñen outras preferencias musicais.

"Duki, Bad Gyal, algo de Bárbara Lago, Indira Pganotto, o que é o son electrónico, o techno, o house"

Algúns buscan outro tipo de experiencias

 "A nós o que nos gusta é o ambiente sobre todo máis que o cartel".

E ambiente vai haber. A organización cifra en 42.000 os asistentes diarios. Así que esta mañá foi un ir e vir de xente ultimando preparativos. Tamén moito movemento fóra do recinto coa chegada dos festivaleiros máis madrugadores.

"Viñemos xa onte polo de deixar xa as tendas e todo aquí, onte xa montamos algo de festa".

"Vimos de Barcelona, saímos onte pola noite". 

Para elas será a primeira vez, outros repiten como estes rapaces de Valladolid:

"É a segunda vez que vimos porque o ano pasado quedamos con ganas de máis, gustounos moito e estamos repetindo".

Na zona de acampada había moitos instalados xa, outros leados coa montaxe das tendas.

"Dúas tendas, pero unha é nova, e non sabemos moi ben aínda como vai".

E todos mirando ao ceo. A temperatura fresca mesmo se agradece, a choiva xa non tanto.

"Mentres non chova moito, está todo ben".

Seguro que de noite todos estarán máis pendentes do que ocorre nos escenarios que da propia choiva.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade