Publicador de contidos

Publicador de contidos

Empate na Lomba que non satisfai a ninguén

Empate na Lomba que non satisfai a ninguén

G24.gal 17/04/2022 19:23

O derbi provincial entre o Arousa e o Pontevedra tiña todos os acicates para ser un gran partido: a situación na táboa neste treito decisivo, o morbo de Luisito estreándose no banco arlequinado contra o seu exequipo, os seareiros pontevedreses desprazados á Lomba.

E o certo é que non defraudou, foi un partido trepidante de dous equipos moi diferentes en canto ao xogo. O Pontevedra co dominio da pelota e as combinacións en tres cuartos, e o Arousa achicando atrás e facendo perigo ao contraataque.

Logo de ocasións alternas, Sergio Cotilla inventouse este mísil de falta directa para marchar ao descanso en vantaxe malia que chega a tocar Cacharrón. Xa no segundo tempo, o Pontevedra acariñou o empate en varias ocasións, nesta de Rufo, Charles... ou a máis clara, esta de Javi Rey que toca lixeiramente no traveseiro. 

Pero ao final o cadro pontevedrés atoparía o empate estando curiosamente en inferioridade numérica, por esta rigorosa expulsión a Alberto Rubio teoricamente por simular penalti. Dobre cartón amarelo e os dous por considerar o colexiado que se tira. Pois con 10 semella que Rufo antes de que entre o remate de Charles converte o 1-1.

Un resultado que non se moveu e que non lle saca as castañas do lume a ningún. O Pontevedra perde o liderado e o Arousa queda a dous puntos de saír do descenso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos