Publicador de contidos

Publicador de contidos

Empate do Burela no primeiro asalto da final (2-2)

Empate do Burela no primeiro asalto da final (2-2)

O equipo galego e o Futsi empatan e queda todo por decidir para o partido do sábado en Madrid

G24.gal 22/06/2022 23:11

Queda todo por decidir na final da liga de fútbol sala feminina logo do empate (2-2) entre o Burela e o Futsi no primeiro partido. Se cadra mereceu máis o equipo galego que dominou, tivo máis ocasións e adiantouse por dúas veces no marcador pero non foi quen de levar un gol de vantaxe para a volta. 

No primeiro tempo cargouse de faltas moi cedo o Futsi e o Burela tivo dúas situacións de dobre penalti nas que non estivo atinada Emily Marcones. 

Os goles chegaron no segundo tempo. Aos corenta segundos marcaba Peque o primeiro para as da Mariña pero no minuto seguinte empatou Irene Córdoba. Outra vez adiantouse o Burela co gol de Ale de Paz e o Futsi tardou vinte segundos en respostar co gol de María Sanz. 

Ao final tanto Burela como Futsi non quixeron arriscar conscientes de que o sábado hai un partido de volta e deixan todo pendente desa decisiva data. Ao Futsi válelle o empate e o Burela terá que gañar o encontro se quere acadar o quinto campionato da súa historia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade