Cargando resultados...
Embolo dá o primeiro triunfo a Suíza e castiga a Camerún (1-0)
Esta noite complétase o gurupo co partido Brasil-Serbia

G24.gal
24/11/2022 13:02
Última actualización 24/11/2022 13:09
Un gol de Breel Embolo ao comezo da segunda parte deulle a primeira vitoria no Mundial de Qatar 2022 a Suíza fronte a Camerún, no Grupo G do torneo que completan Brasil e Serbia.
Embolo, dianteiro centro do Mónaco e de orixe camerunesa, bateu a Andre Onana tras recibir un pase desde a dereita de Xherdan Shaqiri.