Publicador de contidos

Publicador de contidos

Son xa 211 os falecidos e uns 250 desaparecidos pola DINA

Son xa 211 os falecidos e uns 250 desaparecidos pola DINA

Imaxes dos estragos causdos pola DINA na Comunidade Valenciana (Jorge Gil / Europa Press) e rolda de prensa do presidente valenciano, Carlos Mazón
G24.gal 01/11/2024 12:54 Última actualización 02/11/2024 12:00

O número de vítimas mortais pola DINA na provincia de Valencia aumentou ata as 211, segundo informou este sábado o Goberno tras a reunión do Gabinete de crsie na Moncloa.

A eles hai que sumar outros tres falecidos contabilizados nas últimas horas: dous en Castela-A Mancha e un en Málaga.

O último balance feito público a pasada noite situaba en 158 a cifra de mortos como consecuencia da DINA máis devastadora dos últimos anos.

Quedan aínda ducias de persoas desaparecidas, 300 permanecen illadas e unhas 40.000 están sen subministración eléctrica.

"Máxima prioridade" á identificación das vítimas

As autoridades continúan o proceso de levantamento e identificación das vítimas. O Instituto de Medicina Legal de Valencia activou nove equipos forenses a fin de realizar os levantamentos dos cadáveres.

Os xuíces de garda dos partidos xudiciais afectados están a delegar estes trámites nos especialistas e as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. Este proceso é o que ten nestes momentos a "máxima prioridade".

Unha vez recuperados e, realizado os levantamentos dos restos mortais, estes serán remitidos á Cidade da Xustiza de Valencia como paso previo á práctica das autopsias e os traballos de identificación dos falecidos.

Sánchez di que os voluntarios son "un exemplo da solidariedade sen límites da sociedade"

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, agradeceu este venres o labor de todos os servidores públicos que están a traballar para paliar os efectos da traxedia provocada pola DANA en varias zonas do país e eloxiou, en especial, aos "milleirs de voluntarios" que sumaron a esta tarefa. "Son o exemplo da solidariedade e a entrega sen límites da sociedade española", destacou.

Así o fixo a través dunha mensaxe difundida na rede social X tras reunirse co Comité Estatal de Coordinación e Dirección do Sistema Nacional de Protección Civil (CECOD), na sede da Dirección Xeral de Protección Civil e Emerxencias.

Sánchez explicou que este encontro serviulle para "seguir de preto" os labores de coordinación coas distintas administracións públicas e outros organismos implicados na xestión da DANA.

"Reitéroo, a axuda que faga falta, o tempo que faga falta", engadiu o xefe do Executivo, quen previamente visitara tamén en Madrid a sede da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET).

Cinco números de WhatsApp para axudar os damnificados pola DINA en Valencia

A Generalitat Valenciana creou unha conta solidaria destinada a apoiar aos afectados pola DANA que azoutou a Comunitat Valenciana. É a ES94 0081 0693 61 0002423445, segundo informou a Generalitat nun comunicado.

A través desta iniciativa, cidadáns, entidades e empresas poderán realizar doazóns que serán destinadas integramente a asistir ás persoas afectadas e contribuír a reparar os danos sufridos.

Ademais, a Generalitat Valenciana, en colaboración coas entidades sociais, abriu unha canle de comunicación vía WhatsApp, con cinco números á disposición dos cidadáns e sociedade civil, para vehicular a solicitude de axudas, así como o envío daquelas entidades, empresas e institucións que queiran axudar, co fin de analizar, canalizar e distribuír "de maneira eficaz" os recursos e atendendo ás prioridades nos prazos e momentos máis adecuados.

A iniciativa, que se anunciou este xoves tras a reunión do CECOPI, concrétase a través dos números de teléfono, segundo as comarcas de orixe: Utiel: 659289726; Huerta Sur: 682177249; a Ribera: 619975059; Foxa de Buñol: 690027099 e Castelló: 679161664.

A axuda e o envío de provisións vaise canalizar a través dos concellos, que serán coordinados pola Deputación e a Federación Valenciana de Municipios e Provincias.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade