Publicador de contidos

Publicador de contidos

Elevada ocupación hoteleira en Galicia coincidindo coa ponte festiva en sete comunidades

Elevada ocupación hoteleira en Galicia coincidindo coa ponte festiva en sete comunidades

Ocupación do 80 % en zonas costeiras como Sanxenxo e do 60 % na Ribeira Sacra

O bo tempo e as facilidades polas conexións do AVE animan a moitos turistas a visitar Galicia 

O bo tempo axuda a que a ocupación hoteleira en zonas das Rías Baixas sexa do 80 %
G24.gal 29/04/2022 14:17

O bo tempo dálle a benvida aos que chegan a Galicia para gozar dunha fin de semana que ademais é de ponte en sete comunidades onde o luns será festivo.  Ponte que chega logo dunha gran semana santa para o sector turístico. As cifras en lugares como Sanxenxo falan por si soas

Boa afluencia tamén en zonas do interior como a Ribeira Sacra. Según datos do consorcio turístico os aloxamentos agardan unha ocupación media do 60 %, pero nalgúns negocios apenas quedan xa prazas.

Agárdanse cinco millóns de desprazamentos por estrada en España. Pero a Galicia moitos chegan agora aproveitando o AVE. Será de novo un dos destinos preferidos e iso anima un sector moi prexudicado pola pandemia que agarda que este 2022 sexa o ano da súa recuperación definitiva.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade