Cargando resultados...
Édgar Vicedo: "Vímolo feito, pero hai que seguir adiante"
O xogador obradoirista analiza a derrota na última xogada ante o Real Madrid

G24.gal
08/05/2022 20:53
Última actualización 08/05/2022 21:02
Fixo todo para gañar e, aínda así, non lle chegou ao Obradoiro para derrocar o Real Madrid. Nesta recta final de temporada cada vitoria é un paso máis cara á salvación e non conseguila doeu no conxunto obradoirista. Así o afirmaba Édgar Vicedo.
"Como equipo non pechamos ben o rebote e no resto de decisións, as de fóra, non entramos. Debemos centrarnos no noso. Hoxe estamos fastidiados porque o vimos feito, pero toca seguir, mañá ao traballo para preparar o seguinte. Eles son un equipo de Euroliga e no meu caso foi difícil defender algún xogador. Aguantamos os seus arreóns ben, pero son detalles"