E ti, en que punto estás? A campaña de Carballo que invita a reflexionar sobre os tipos de violencia de xénero
E ti, en que punto estás? A campaña de Carballo que invita a reflexionar sobre os tipos de violencia de xénero
E ti, en que punto estás? A campaña de Carballo que invita a reflexionar sobre os tipos de violencia de xénero
A través de mensaxes, que están visibles na céntrica rúa Valle-Inclán, invitan a reflexionar aos homes
Crean un espazo que permita detectar violencias machistas que poden pasar desapercibidas
Con motivo do 25 de novembro son moitos os concellos que ao longo destes días están a lanzar varias accións e campañas, como é o caso do concello de Carballo. Con 'E ti, en que punto estás?' queren concienciar a sociedade de que existen máis tipos de violencia de xénero que a física. Para iso habilitan na rúa Valle-Inclán un espazo de reflexión e detección de violencias machistas.
Unha palabra, unha acción, un xesto ou un comentario que poden pasar desapercibidos pero que non deixan de exercer algún tipo de violencia. Precisamente nisto incide esta campaña así como tamén saber en que punto estamos todos para identificalas e actuar.
Violencia económica, laboral, vicaria, estética, institucional... Que están presentes no noso día a día e que nos custa algunhas veces velas como tal. A través de mensaxes coma "Non se viste así para ti" ou "Non é un obxecto. Deixa de mirala e tratala como se o fose", que están visibles na céntrica rúa Valle-Inclán, invitan a reflexionar aos homes, pois son parte da solución, pero tamén a toda a sociedade.
Outras das accións que levan a cabo, céntrase no control do móbil e nos estudantes. Tratarán de implicar a comunidade educativa, pois a violencia dixital e o control do móbil da parella comeza a ser preocupante entre os adolescentes, aos que se lles entregarán soportes para estes dispositivos coa frase "Non metas o fociño no meu móbil", entre outras iniciativas.