Núñez Feijóo aposta por un cambio "rexenerador" nas urnas
O líder do PP dixo en Andalucía que España "non se vai resignar á corrupción" do mesmo xeito que non o fixo esta comunidade
O líder do Partido Popular. Alberto Núñez Feijóo, apostou polo voto do desafogo como vía para combater a corrupción, que para el representa o PSOE.
Na clausura do congreso do PP andaluz, que reelixiu como líder a Juanma Moreno, asegurou que o PSOE "cando está afundido demostrou que é capaz de todo" e que o seu "listón ético está no subsolo".
Tamén destacou que "Andalucía non se resignou a un goberno de corrupción" e que" España tampouco o vai facer". Para o líder do PP, "este PSOE non ten límites, nin legais nin morais. E non ten pudor. A súa estratexia é a de dividir, a de converter compatriotas en inimigos".
Nesa liña, indicou que hai que contar co PP "para cambiar as cousas con verdade, con sentido común, para limpar, para restaurar, para construír" e concluíu que "niso consiste o cambio".
Neste sentido, sinalou que "Andalucía é a clave" porque é "a comunidade máis poboada de España". Era a súa maneira de advertirlle ao partido que lidera Juanma Morena de que os seus resultados terán unha dimensión e unha extrapolación que traspasa a comunidade autónoma en caso de que o Goberno non esgote a actual lexislatura.