Ayuso recibe a alta tras saír de misa en ambulancia por unha forte gastroenterite
Está previsto que recupere a súa axenda pública este martes, tras o luns festivo na capital
A presidenta da Comunidade de Madrid asistía na catedral da Almudena á misa pola patroa de Madrid
Isabel Díaz Ayuso a súa chegada a Almudena saúda ao cardeal José Cobo. Foto: EFE/Borja Sánchez Trillo
A presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, xa recibiu a alta hospitalaria despois de ser traslada en ambulancia ao hospital Fundación Jiménez Díaz por sufrir un episodio de baixada de tensión debido a unha forte gastroenterite, segundo informaron fontes do goberno rexional.
Está previsto que Ayuso recupere a súa axenda pública este próximo martes, xa que o luns 10 de novembro é festivo na capital.
Isabel Díaz Ayuso abandona en ambulancia a misa da Almudena por unha "leve indisposición"
A presidenta da Comunidad de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, tivo que abandonar en ambulancia a misa pola patroa de Madrid, a Virxe da Almudena, por unha "leve indisposición", confirmaron fontes do seu equipo.
As mesmas fontes explicaron que se optou pola ambulancia por ser o medio "máis rápido e seguro". Esa "leve indisposición", engadiron, é a mesma que lle impediu onte participar no Congreso do PP andaluz, cuxa asistencia confirmara días antes.
Ayuso chegou á catedral, onde realizou declaracións á prensa sobre o que ía pedirlle á virxe. Minutos despois tivo que abandonar a misa.
A presidenta da Comunidade de Madrid antes comezar a misa na catedral da Almudena. Foto: Europa Press