Dzanan Musa volve para despedirse do Breogán e do Pazo
O bosníaco non xoga desde que sufriu unha lesión de traquea ante o Baxi Manresa o 14 de abril
Dzanan Musa volve para despedirse do Pazo. O Río Breogán xoga este sábado ante o Unicaja o último partido dunha tempada de ilusión. O Pazo poderá despedirse dun equipo que disputou a Copa do ReI e logrou a permanencia con solvencia nun curso no que regresaba á máxima categoría.
A tempada foi para enmarcar e boa parte da culpa diso tívoa Dzanan Musa, estrela indiscutible do conxunto lucense e candidato a levar o MVP da liga Endesa. O bosníaco non xoga desde que sufriu unha lesión de traquea ante o Baxi Manresa o 14 de abril, pero todo apunta a que este sábado volverá para despedirse do Pazo.
Está de volta.
— Río Breogán (@CBBreogan) May 12, 2022
O Río Breogán xoga o último partido o sábado ás 18:00h. no #FogarDoBreogán e...
non será un partido calquera 💙#ForzaBreo #FagamosEquipo #ActitudRío @ACBCOM @DzMusa #TheLastDance pic.twitter.com/0xribhxsfx