Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dúbidas entre os hostaleiros sobre permitir fumar nas terrazas

Dúbidas entre os hostaleiros sobre permitir fumar nas terrazas

Din que a normativa non aclara o protocolo que hai que seguir

A Asociación de Galicia recomenda manter a distancia de metro e medio

G24.gal 13/04/2022 20:13

Os hostaleiros botan fume. Na véspera das datas grandes da Semana Santa non saben que normativa teñen que aplicar para permitir ou non fumar nas terrazas. De feito nin sequera saben se hai unha normativa vixente. Unha incertidume que se da en Galicia pero tamén no resto de España.

A recomendación que fai a asociación de hostaleiros e a de obrigar a manter unha distancia de metro e medio cos fumadores pero tampouco saben se está vixente. Un dilema que se vai agravar coa chegada do bo tempo e as terrazas cheas.

Entre os clientes dos establecementos, sexan fumadores ou non, hai todo tipo de opinións. Dende os que non ven sentido a prohibir fumar ao aire libre ou ter que erguerse para botar un cigarro ata os que opinan que se debe prohibir por completo aínda que se levanten as restricións derivadas da pandemia. A unha semana de que se retiren as máscaras en interiores, non hai nada claro.

Os hostaleiros xa advirten que se van opoñer a calquera medida que pretenda suprimir o consumo de tabaco nas terrazas exteriores e abertas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar