Cargando resultados...
Dúas persoas quedan feridas tras saír da vía un coche e caer por un desnivel en Vilardevós
A condutora quedou atrapada no vehículo e tivo que ser rescatada polos servizos de emerxencia

G24.gal
25/02/2025 11:03
Dúas persoas quedaron feridas este martes tras un accidente de tráfico ocorrido en Vilardevós cando un turismo saíu da vía e se precipitou por un desnivel da cuneta.
O sinistro ocorreu pouco antes das 9:00 horas, na saída da A-52 en Fumaces en dirección a Vilardevós, no quilómetro 3.
Segundo informou a Comandancia da Garda Civil, a condutora do vehículo, de 28 anos, resultou ferida grave e quedou atrapada no coche, mentres que o ocupante home parecía ileso.
Con todo, fontes do 061 Galicia confirmaron que, finalmente, as dúas persoas foron trasladadas ao hospital comarcal de Verín en ambulancias de soporte vital básico.