Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dúas incidencias na rede ferroviaria galega interrompen a circulación en tramos de Ourense, Lugo e A Coruña

Dúas incidencias na rede ferroviaria galega interrompen a circulación en tramos de Ourense, Lugo e A Coruña

As circulacións interrompidas son: entre Canabal e Os Peares, no tramo Ourense-Monforte de Lemos, e entre Baamonde (Begonte) e Rábade 

A caída dunha árbore na vía impactou nunha xanela dun tren na Coruña, obrigándoo a parar; algúns pasaxeiros foron devoltos á Coruña, e o resto foron trasladados a Lugo en autobús

Imaxe de arquivo dun tren Imaxe de arquivo dun tren
G24.gal 23/01/2026 10:04

A circulación ferroviaria entre Canabal e Os Peares, no tramo Ourense-Monforte de Lemos, atópase interrompida esta mañá como consecuencia dunha caída de tensión na catenaria, segundo informou o Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif) ás 09:20 horas deste venres.

Tamén confirmou que agora mesmo estase traballando para solucionar esta incidencia o máis axiña posible, así como que se estableceu un plan de transporte alternativo por estrada para garantir a mobilidade dos viaxeiros.

Interrompida a circulación entre Baamonde (Begonte) e Rábade 

Así mesmo, está interrompido o servizo ferroviario entre Baamonde (Begonte) e Rábade, na provincia de Lugo, pola caída dunha árbore sobre a infraestrutura que impactou coa xanela dun tren que proviña da Coruña, este venres ás 7:00 horas da mañá. Por motivos de seguridade algúns pasaxeiros foron devoltos á Coruña, e o resto foron trasladados a Lugo, destino final, en autobús.

Segundo Adif, afecta as relacións Lugo-A Coruña/Ferrol.

Tamén neste caso, xa se está traballando para “a súa retirada o máis axiña posible”.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade