Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dous terzos dos pacientes que ingresaron na UCI por coronavirus sobreviviron

Dous terzos dos pacientes que ingresaron na UCI por coronavirus sobreviviron

A necesidade de ventilación mecánica, ter EPOC ou idade avanzada, factores de risco para un peor prognóstico

Un estudo analiza 5.700 casos atendidos nas 69 unidades de coidados intensivos dos hospitais españois

Transcorrido un ano da alta hospitalaria, só o un por cento dos que estiveron en críticos faleceu

G24.gal 15/12/2021 12:41

O 31 por cento dos pacientes que ingresaron por covid-19 nalgunha das 69 unidades de coidados intensivos (UCI) españolas faleceu, segundo conclúe un estudo realizado por investigadores do Centro de Investigación Biomédica en Rede de Enfermidades Respiratorias (CIBERES). Isto é, dous terzos deles sobreviviron.

Os datos revelan ademais que ao ano de recibir a alta hospitalaria falece o un do por cento dos pacientes que estiveran nesas unidades de coidados intensivos.

Os investigadores determinaron que os factores asociados ao peor prognóstico da enfermidade son a necesidade de intubar para ventilación mecánica, a idade, a gravidade inicial, unha EPOC (enfermidade pulmonar obstrutiva crónica) asociada, o descenso das plaquetas e un aumento da creatinina entre os días 1 e 3 da ventilación artificial.

Estas son as principais conclusións do proxecto 'Factores de risco e prognóstico de pacientes infectados por covid e seguimento a un ano dos enfermos ingresados nas UCI españolas' que levaron a cabo investigadores do CIBERES.

O proxecto forma parte das investigacións que se puxeron en marcha co Fondo Covid-19 o pasado ano e que foi xestionado polo Instituto de Saúde Carlos III do Ministerio de Ciencia e Innovación, e que contou cun financiamento total de 1,7 millóns de euros.

No traballo participaron ademais a Sociedade Española de Medicina Intensiva, Crítica e Unidades Coronarias (SEMICYUC), a Sociedade Española de Pneumoloxía e Cirurxía Torácica (SEPAR), e o Barcelona Supercomputing Centre (BSC), informou o Instituto de Saúde Carlos III nunha nota difundida hoxe.

Os resultados do estudo, liderado polo xefe de grupo do CIBERES no Hospital Clínic de Barcelona, Antoni Torres, presentáronse nunha xornada celebrada no Campus de Madrid do Instituto de Saúde Carlos III.

Máis de 5.700 pacientes analizados

Desde que en xuño de 2020 comezou o traballo de campo co primeiro paciente, o estudo incluíu máis de 5.700 pacientes e analizou 1.068 mostras de sangue para os estudos de epixenética e biomarcadores, cifras coas que se superaron os obxectivos iniciais que se marcaron os investigadores.

Tamén se fixo seguimento dos pacientes desde a alta na UCI e a alta hospitalaria ata os seis meses, para determinar a mortaldade ao ano da alta dos pacientes covid-19 que sobrevivan despois do ingreso en críticos, establecéndose esta taxa nun 1 por cento.

Os investigadores identificaron a adquisición dunha pneumonía intrahospitalaria durante o ingreso como un factor asociado coa persistencia de síntomas de coronavirus aos tres meses.

 Antoni Torres: "Os nosos resultados axudarán a definir que pacientes graves deben recibir corticoides"

A enfermidade crítica por covid-19 caracterízase pola falta de control da replicación do virus por parte do sistema inmune, reflectida nunha diseminación a nivel  sistémico de material  vírico, o que vai en paralelo a unha resposta desregulada do hóspede que se asocia a peor prognóstico.

Os cadros clínicos graves mostran perfís característicos tanto en plasma como en aspirados bronquiais, que proporcionan información molecular sobre os mecanismos que median a deterioración do paciente crítico e "xorden como ferramentas útiles en toma de decisións clínicas", precisou Antoni Torres. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar