Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dous partidos da Primeira Federación na grella da G2 e G24

Dous partidos da Primeira Federación na grella da G2 e G24

Poderes ver o Celta B (sábado, 21:00 horas) e o Rácing (domingo, 17:00 horas)

O Deportivo viaxa a Alxeciras e o Pontevedra ao campo do Real Madrid Castela

G24.gal 04/11/2022 15:52

Na 1ª Federación, veremos dous partidos na G2 e G24. O sábado ás 21:00 horas poderemos ver o filial do Celta en Badaxoz. O domingo as 17:00 horas estaremos na Malata co Rácing de Ferrol-Unionistas.

Despois de colleitar a primeira derrota da temporada en Fuenlabrada, o Rácing quere reencontrarse co triunfo ante un Unionistas que tamén precisa puntuar para afastarse da zona baixa. Máis aló dos resultados, no Rácing queren manterse fieis a un estilo de xogo sen obsesionarse co liderado.

E tras derrotar o San Sebastián de los Reyes, o Deportivo buscará mañá en Alxeciras a segunda vitoria consecutiva. Desde a chegada de Óscar Cano, o equipo encadea dous triunfos e unha derrota. Gañar en Alxeciras suporía engancharse definitivamente co grupo de cabeza.

E o domingo ao mediodía, o Pontevedra xoga en Valdebebas. Os granates tentarán acadar ante o filial do Real Madrid, a primeira vitoria lonxe de Pasarón. O filial branco non adoita perder puntos no seu feudo pero o Pontevedra non renuncia a nada. Ademais gañar suporía para o Pontevedra poder abandonar os postos de descenso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade