Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dous mortos e tres feridos, dous deles bombeiros, no incendio dunha vivenda en Valencia

Dous mortos e tres feridos, dous deles bombeiros, no incendio dunha vivenda en Valencia

Os dous bombeiros teñen queimaduras; o terceiro dos feridos é un ancián

Vivenda incendiada en Valencia Vivenda incendiada en Valencia
G24.gal 14/08/2022 11:30 Última actualización 14/08/2022 11:50

Dúas persoas morreron e outras tres resultaron feridas, dúas delas bombeiros que sufriron queimaduras, nun incendio rexistrado esta madrugada nunha vivenda nun sétimo andar de Valencia.

As lapas comezaron por causas non precisadas contra as 06:30 horas na vivenda situada no número 7 da rúa Pintor Matarana.

Como consecuencia faleceron dúas persoas e feriuse unha persoa maior que estaba na vivenda, e os dous bombeiros que traballaban no control do incendio.

Ata o lugar desprazáronse catro dotacións de bombeiros e tres ambulancias.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade