Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dous irmáns rescatan un golfiño vivo enredado nun aparello en Portonovo

Dous irmáns rescatan un golfiño vivo enredado nun aparello en Portonovo

Coa axuda dunha áncora e dun coitelo pequeno conseguiron liberalo

G24.gal 26/06/2024 20:43 Última actualización 26/06/2024 21:08

Unha parella de irmáns de Sanxenxo rescatou un arroaz duns dous metros na bocana do porto deportivo de Portonovo.

As redes sociais multiplicaron o salvamento ata converter os irmáns Iglesias nos heroes da semana. 

Un deses irmáns é arquitecto, Enrique, e outro, co que acabamos de falar, Jorge, traballa na oficina de turismo do concello de Sanxenxo.

No seu día de descanso saíron a pescar no seu bote robalizas cando viron ao lonxe un arroaz enredado nun aparello de pesca.

Coa axuda dunha áncora e dun coitelo pequeno conseguiron liberalo. E temos imaxes do momento porque o estaba gravando boa parte da pasaxe do barco Piratas de Nabia que cubría a liña regular Portonovo Ons.

Como nun palco gravaron, aplaudiron e celebraron o salvamento do arroaz. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar