Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dous feridos, un deles de gravidade, ao caerlle enriba unha árbore en oleiros

Dous feridos, un deles de gravidade, ao caerlle enriba unha árbore en oleiros

Os feridos son dous irmáns, un home e unha muller de 49 anos, que é quen está grave

Sospéitase que a árbore puido caer pola forza do vento

G24.gal 16/05/2022 12:13

O accidente produciuse arredor das sete da tarde de onte en Santa Cruz, no concello coruñés de Oleiros. O vento zoaba con forza cando unha árbore dunha parcela privada fendeu e caeu á rúa, xusto cando pasaban por alí dúas persoas camiñando. Ao parecer son dous irmáns, un home e unha muller, que foron atendidos polo 061 e trasladados ao hospital da Coruña. 

Os dous quedaron feridos, pero é a muller, de 49 anos, a que ten as feridas máis graves.

Os bombeiros de Oleiros encargáronse de cortar a árbore, que quedara cruzada no medio da rúa Romardeiro, cortando o tráfico. Malia a aparatosidade do accidente, os veciños das casas máis próximas non se decataron no momento, senón unha vez que evacuaran xa os feridos.

Os veciños confirman que onte sopraba bastante aire nesta zona, así que puido ser un golpe de vento unido ao mal estado da árbore o que provocara o accidente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade