Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dous esquiadores falecidos tras ser arrastrados por un alude no Pireneo aragonés

Dous esquiadores falecidos tras ser arrastrados por un alude no Pireneo aragonés

A voz de alerta foi dada polos compañeiros dos dous mozos azorrados pola neve sobre as 12:40 horas

EFE / Gardia Civil EFE / Gardia Civil
G24.gal 30/01/2026 08:06

Un mozo de 25 anos de Zaragoza e outro de Guadalaxara de 22 faleceron este xoves tras ser arrastrados por un alude de neve mentres practicaban o esquí e o snowboard xunto a outras tres persoas na cara norte do pico Cibollés, no termo municipal pirenaico de Benasque (Huesca).

A morte do mozo de Guadalaxara, que estaba a ser atendido no hospital Miguel Servet de Zaragoza, foi confirmada polo Goberno de Aragón.

A voz de alerta foi dada polos compañeiros dos dous mozos arrastrados pola neve sobre as 12:40 a través dunha chamada ao servizo de emerxencias do 112 para informar do ocorrido, nun punto próximo á estación invernal de Cerler, segundo informa a Garda Civil.

Os especialistas dos grupos de rescate da Garda Civil de Benasque e doutras zonas do Pireneo desprazados á zona xunto a un can especializado na procura de corpos localizaron rapidamente o mozo de Guadalaxara con signos dunha hipotermia grave.

Tras lle aplicaren os especialistas de emerxencias do 061 o protocolo de hiportemia, o mozo foi trasladado no helicóptero ata Benasque, onde foi transferido a outro medicalizado do 112 para a súa inmediata evacuación ao Hospital Miguel Servet de Zaragoza, onde finalmente faleceu.

Sobre as 14:00 horas, o can guía do Greim de Benasque facilitou a localización do segundo esquiador, que foi evacuado ao aparcamento da estación de Cerler para ser atendido polos servizos médicos.

Segundo as fontes citadas, desde o momento do seu rescate, ao mozo de Zaragoza fóronlle realizadas manobras de reanimación cardiopulmonar (RCP), ata que finalmente se certificou o seu falecemento, polo que foi trasladado á helisuperficie de Benasque para a súa transferencia aos servizos funerarios.

O conselleiro de Facenda e Interior do Goberno aragonés, Roberto Bermúdez de Castro, apelou desde Benasque á prudencia e a revisar as previsións meteorolóxicas e as condicións da neve antes de practicar unha actividade de risco.

Aludes con vítimas no Pireneo

Este alude é o quinto que se rexistra este inverno no Pireneo aragonés, con sete vítimas rexistradas desde que se produciu, o 29 de decembro pasado, unha avalancha na contorna do Balneario de Panticosa que ocasionou a morte de tres esquiadores de travesía, os aragoneses Jorge García-Dihinx (55 anos), a súa parella Natalia Román (36) e o vasco Eneko Arrastua (48), os tres expertos nesta especialidade. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade