Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dous de cada tres galegos compraron un libro no último ano

Dous de cada tres galegos compraron un libro no último ano

Son datos do Informe de Hábitos Lectores de 2025 que coñecemos neste Día do Libro

 

G24.gal 23/04/2026 17:34

Na actualidade case o 69% dos españois le, e son as mulleres as que máis. E por idades, a xente nova de entre 14 e 24 anos son os máis lectores. Son datos do Ministerio de Cultura.

En Galicia, neste Día do Libro o conselleiro de Cultura puxo en valor este xoves o relevante papel das librerías como "dinamizadoras da lectura e da economía" do sector do libro, "clave na industria cultural". Destacou que Galicia é a segunda comunidade con máis número destes locais por habitante, "9,14 por cada 100.000 persoas".

López Campos destacou o feito de que "preto do 70% dos galegos elixe as librerías tradicionais para adquisición de publicacións, converténdose na canle máis recorrente". Así se recolle, precisou, no Informe de Hábitos Lectores de 2025, do que indicou que presenta uns "excelentes indicadores" con respecto á lectura en Galicia, e tamén en galego.

López Campos precisou que o número de lectores ocasionais ou habituais en galegos experimentou un crecemento.

O incremento é de "case nove puntos ata alcanzar o 72%", de xeito que "sete de cada dez galegos le en lingua galega".

Engadiu que o estudo reflicte que o 96,5% da poboación da comunidade le en calquera medio ou soporte. Ademais, tamén apuntou que o informe constata que un 67,1% da poboación comprou algún libro, "o que supón que dous de cada tres galegos adquiriron unha publicación durante o último ano". "Esta porcentaxe sitúa a comunidade 1,6 puntos por encima da media nacional", dixo.

O responsable de Cultura do Executivo autonómico considerou que estes datos reflicten o "gran momento" que vive o sector do libro en Galicia, algo polo que recoñeceu o "bo facer" das librerías.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade