Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dotson guía o Obradoiro a unha vitoria que o mantén con vida na ACB

Dotson guía o Obradoiro a unha vitoria que o mantén con vida na ACB

O Palencia, xa descendido, entrou en vantaxe no último cuarto, pero a actuación maxistral do base no treito decisivo decantou o partido para os santiagueses 

G24.gal 09/05/2024 21:06

O Obradoiro meteulles presión a Breogán e Granada e sumou un sufrido triunfo na pista de Palencia (75-81). A grande actuación de Dotson no segundo tempo levou os de Moncho Fernández á vitoria.

Entrou moi ben no partido o Obradoiro (6-12), pero o Palencia igualou a contenda aínda no primeiro cuarto (17-19) e colleu vantaxe no segundo (29-24). As diferenzas estabilizáronse neses cinco puntos cun Obradoiro con moitos fallos no lanzamento de tres (1/7 nese segundo cuarto) en que só Pustovyi (oito puntos ao descanso) e Howard (sete) conseguían manter o seu equipo no lecer (38-33). 

No terceiro cuarto comezou a quentar o pulso Dotson, que, con dúas triplas, devolvía a vantaxe aos santiagueses (47-50), e a dinámica da igualdade era a que levaba o partido ata o derradeiro cuarto (57-55). 

Foi no último período cando o Obra rompeu o partido. Dotson estivo excelso e atopou un bo acompañamento en Pustovyi. Palencia carecía de ataque e os de Moncho Fernández conseguiron marchar de nove puntos (63-72) e sentenciar cunha tripla estratosférica de Davon Dotson, o máis destacado do partido con 17 puntos (cinco triplas).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade