Cargando resultados...
Donald Trump afronta un novo xuízo en Nova York por fraude
Donald Trump afronta un novo xuízo en Nova York por fraude
O expresidente dos Estados Unidos asegurou na súa plataforma Truth Social que asistirá para loitar polo seu nome e a súa reputación

G24.gal
02/10/2023 08:45
Donald Trump afronta un novo xuízo por fraude civil en Nova York. Aínda que non se confirmou oficialmente a súa presenza na corte, o expresidente dos Estados Unidos asegurou na súa plataforma Truth Social que asistirá para loitar polo seu nome e a súa reputación.
Trump, os seus dous fillos e dous antigos executivos da Organización Trump están acusados de fraude continuada por inflaren o valor dos activos da empresa durante anos para obter vantaxes económicas.