Dobre duelo entre galegos e canarios na ACB
Problemas para Mrsic ante o Gran Canaria. Toni Nakic leva sen adestrarse toda a semana. Sergi Quintela padece unha afección vírica.
O Obradoiro visita ao Tenerife, líder da ACB
Tráfico entre as Canarias e Galicia para o dobre emparellamento do Breogán e do Obradoiro con Gran Canaria e Tenerife. Cita a día de hoxe pola parte alta da clasificación onde anda empoleirado como líder o equipo de Txus Vidorreta.
Fíxoo moi ben o Obradoiro no Sar contra Girona. As boas sensacións do partido, nun exercicio coral destacable dos de Moncho Fernández, son un excelente punto de partida para confrontar agora con un Tenerife que explota todos os seus recursos.
Alá vai o Obradoiro e acó vén Gran Canaria para verse o domingo co Breogán en Lugo e intentar a primeira vitoria a domicilio da tempada a costa dos galegos.
Mrsic falou esta mañá dos problemas físicos de Toni Nakic, sen adestrarse toda a semana. Tamén se referiu a afección vírica de Sergi Quintela que o deixa no aire para o partido.